miércoles, 24 de septiembre de 2008

A Economía do deporte formará parte da oferta de libre elección do campus

O deporte está a constituír nos nosos días non só un fenómeno social, senón que pola súa recente expansión e dimensión, podemos falar xa dun verdadeiro feito económico e empresarial. En resposta á demanda social que isto suscita, a Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo ofrecerá, a partir deste curso, a materia de libre elección Economía do Deporte: administración e finanzas, nunha experiencia pioneira na Universidade de Vigo e das poucas que se dá en España.

Patricio Sánchez, un dos profesores que a vai impartir, explicou que a proposta nace “como unha aproximación á actividade deportiva dende un punto de vista diferente”. Aproveitando que na facultade hai un grupo de investigación dedicado a traballar neste eido: Deporte, Empresa e Sociedade, os seus membros decidiron impulsar unha formación complementaria “moi interesante para os alumnos de todo o campus xa que é unha disciplina que está en auxe e goza de moita popularidade. Incluso o Congreso Internacional de Economía do Deporte tivo lugar este ano en España” comentou Sánchez. Pero ademais, a importancia dos grandes eventos deportivos como “campionatos do mundo, xogos olímpicos ou ligas profesionais no movemento de recursos”, engadiu, “contribúe, cada vez máis, á xeración de riqueza nun territorio”. Asemade, “tamén os grandes clubs deportivos estanse a conformar como grandes empresas do tecido económico dun estado” dixo o profesor.

Un tema atractivo para o alumnado
A materia está a ter unha moi boa acollida por parte do alumnado, “baseándonos nas opinións da xente, porque o prazo de matrícula para a maior parte aínda non comezou” puntualizou Patricio Sánchez. “O tema do deporte sempre é atractivo polo que agardamos ter un bo nivel de participación, xa que ofertamos 50 prazas” explicou o profesor, que compartirá os labores docentes co seu compañeiro no grupo de investigación, Ángel Barajas.
Economía do deporte: administración e finanzas impartirase na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo os martes e mércores de 14.00 a 16.00 horas ao longo de todo o primeiro cuadrimestre, e como materia de libre elección que é, está aberta a todos os alumnos do campus que desexen cursala, independentemente de a que escola ou facultade pertenzan.

No hay comentarios:

Cristiano Ronaldo: el fichaje más caro (La Tarde en Vivo de RNE5)

Reforma de la "Ley Beckham" (La Tarde en Vivo)